16 nov 2011

LINO RIEIRO BARCIA in memoriam

ENTREVISTA A LINO NO 25 ANIVERSARIO DO CENTRO

HOXE FALAMOS NÓS Nº 18

REDACCIÓN. DECEMBRO DE 2003.

Canto tempo levas exercendo a túa profesión neste colexio?

Vinte anos, aínda que pasei tres anos fóra.

Que cambios observas no colexio?

Os rapaces son distintos. Agora nótanse máis despexados, espelidos, soltos, ... Hoxe están máis ao día. Un feito que non me parece positivo, foi a incorporación da ESO, pois trouxo problemas no horario e réstalle tempo a outras actividades extraescolares e ao deporte.

Que cambios farías?

Por un lado e se fose político -que non o son- en lugar de dispersar a ESO en varios centros, formaría un instituto que compartise varios concellos coas súas instalacións correspondentes. Pero iso é soñar ...

Por outra banda, levaría a cabo todos os cambios necesarios para dotar dunha maior formación, liberdade e capacidade de crítica ao alumnado. Opto polo respecto mutuo e a confianza. Canto menos autoridade, mellor. Aínda que, ás veces, é necesaria. Os escolares aprenden máis por convicción e interese que por abriga.

E o castigo?

Como maneira de educar, o castigo é o último recurso. Para corrixir unha conduta o primeiro é falar co rapaz, mirar que problemas ten e axudalo no que se po ida.

Para ti, que método pedagóxico é o idóneo?

Para min son fundamentais as actividades, a participación e o diálogo. Falar é necesario e forma parte da aprendizaxe. O que ten que aprender o alumnado é a saber respectar a quenda de palabra.

Que cualificativos lle atribuirías ás distintas direccións?

Á anterior, capacidade de traballo. Á actual, capacidade de diálogo.

Algunha anécdota?

Moitas... Lémbrome, xa hai bastantes anos, dun alumno chamada O... Un día pala tarde, a última hora, tocaba debuxo artístico. O rapaz sentíase cómodo e empezou a tatarear unha canción de moda, unha causa así como "No pares, sigue, sigue ... No pares ..." Eu estaba facendo as miñas causas, concentrado e chameille a atención: "O... , está calado". El mira con cara de sorprendido e cala. De alí a cinco minutos, volve outra vez: "No pares, sigue, sigue ... No pares", e eu de novo "O ..., por favor, queres calar?” E así varias veces ata que el farto, dime mirando para min: "Que che pasa mestre?" (Coma quen, se non estás a gusto, vaite).

Outro día pala tarde, xa pasaban das tres, chega M .. , un alumno excelente, por certo. Traía unha cara moi rara, non era o normal nel, "M .. que che pasa?" Pregúntolle. El cunha voz angustiada dime: "E que un profesor cortoume a mexada", e digolle eu: "Pero como?, explícame iso" e dime el:

"Pois ..., estaba mexando tranquilamente, tiroume polas orellas e cortóuseme a mexada''.

No primeiro ano que estiven aquí, alá polo setenta e tres ou setenta e catro, tiña dous alumnos de Quintás ( Budiño) aos que lles gardo maior cariño, Adolfo e José. Os dous era repetidores de segundo de EXB. José era un lince para todo o relacionado coa natureza. Tiña os ollos con patas de galo aos oito anos. A min tíñame abraiado. Na clase era reservado e pouco comunicativo. Eu preguntáballe causas para gañar a súa confianza. Un día dime:

-Agharrei un paxaro. -( Xa non me lembro do nome)-.

E eu para seguirlle a conversa, pregúntolle:

-Si? E como fixeches?

O tío miroume con cara como dicindo "e este... de onde é?"

- Pois collín o chaqueto, metinllo e collino. Dixo con toda naturalidade.

- E... Que fas con el?

- Pois está na casa.

A cada pregunta, el respondía pensando para os seus adentros “este tío é un extraterrestre, Oh" Pero eu facíao para que falase, simplemente. Entón a última pregunta que lle fixen deixoume aparvado:

-E que lle dás de comer? Abriu os ollos e chántame,

- Miñocas!!!


15 nov 2011

Arca conseguiu o título galego en xadrez

OS NOSOS EIDOS 1985-86.
O PINO. Redacción.


No curso 1985-86, o equipo cadete feminino do C.P. de Arca proclamouse campión galego escolar de xadrez, en competición levada a cabo no Liceo de Ourense.

As representantes de Arca lograron co Concepción Arenal de Ourense un empate a 2, mentres que o resultado co C.P. de Tui foi de 3 a 1.

Compoñen o equipo de Arca: Ana Isabel Suárez Rodríguez, Isabel Salmonte Bao, Margarita Tojo Barreiro, María Montserrat Salvado López e Pilar Martínez Naveiro. O profesor-adestrador é Lino Rieiro Barcia.

O C.P. de O Pino, campión galego de xadrez


OS NOSOS EIDOS 1985-86.
O PINO. Redacción.

No curso 1984-85, o Colexio Público de o Pino proclamouse campión galego na categoría de cadetes de EGB, na modalidade de xadrez celebrado no Casino da Coruña.

En dita final, O Pino derrotou ao representante de Pontevedra, o Colexio Público de Cangas por un total de 5 a 3.

Para chegar a esta final os compoñentes do equipo de O Pino superaron na fase interzonal ao Colexio de Ordes e na fase provincial aos equipos dos colexios da Baña e Abegondo.

Compoñen o equipo de O Pino Manuel Tojo Barreiro, Luís Vigo Vázquez, José Ángel Iglesias, Francisco Javier Vázquez Gil e Miguel Ángel Carrillo Iglesias. O profesor-adestrador é Lino Rieiro Barcia.

Con todo estes rapaces, comprendidos entre os 15 e os 16 anos, non terán posibilidades de defender o seu título galego porque non hai fase nacional. Ao parecer o problema económico é o impedimento para tal cousa.


20 abr 2011

O PINO: ELECCIÓNS MUNICIPAIS 22 MAIO 2011


Manuel Taboada Vigo, Mª Begoña Pampín Casal e Francisco Calvo Martínez encabezan respectivamente as candidaturas do PP, PSOE e BNG.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, 20 de abril de 2011, as candidaturas que se presentan ás eleccións municipais do 22 de maio.

No concello de O Pino presentan candidatura as tres agrupacións políticas que obtiveron representantes nas últimas convocatorias electorais, con importantes novidades nas listaxes.

A candidatura do PARTIDO POPULAR (P.P.) está integrada polos seguintes candidatos:

1 Don MANUEL TABOADA VIGO
2 Don MANUEL CANABAL FERRO
3 Don GERARDO PINTOR GÓMEZ
4 Dona EVA VARELA GAGO
5 Dona MARÍA DEL CARMEN FRANCOS GARCIA
6 Don JOSE MANUEL CARREIRA LOPEZ
7 Don ENRIQUE CASTRO SUAREZ
8 Dona MARIA DE LAS MERCEDES VAZQUEZ RODEIRO
9 Don JAVIER SUAREZ GARCIA
10 Dona ANA MERCEDES MUIÑO DACHILLE
11 Dona BELEN VILLAR COSTOYA

Suplentes:

1 Don LISARDINO PAZOS VEIRAS
2 Don VICTORIANO ALONSO MONTERO
3 Don JOSE MANUEL CABALEIRO REY
4 Dona BEATRIZ ESPIÑEIRA VARELA
5 Dona SONIA LAGO EIRAS
6 Don MIGUEL FERRO SANCHEZ
7 Dona FATIMA IGLESIAS PINTOR
8 Don FERNANDO REY OROIS
9 Dona MARIA ELENA CASTRO FERNANDEZ

A candidatura do PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA - PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL (PsdeG-P.S.O.E.) intégrana:

1 Dona MARIA BEGOÑA PAMPIN CASAL (Independente)
2 Don JOSE LUIS FERNANDEZ PADERNE
3 Don OSCAR VILAR CHENTO
4 Dona ROCIO AGRA BALEATO (Independente)
5 Don JOSE RIAL MOSQUERA
6 Dona MARIA DEL CARMEN VAZQUEZ GIL (Independente)
7 Don JULIO CASTRO CARRILLO (Independente)
8 Dona YOLANDA CARNOTA OTERO (Independente)
9 Don AMANCIO FERNANDEZ CODESIDO
10 Don MANUEL PEREIRO NEIRA
11 Dona MARIA JOSE BLANCO OURO


A candidatura do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.) contén os seguintes candidatos e candidatas:

1 Don FRANCISCO CALVO MARTINEZ
2 Don JOSE LUIS VIDAL BROCOS
3 Dona MARIA CONSUELO ABEL SUAREZ
4 Don ABEL GARCIA LAGARES
5 Dona SARA SUAREZ FERNANDEZ
6 Don XOSE RAMON FRANCO VIDAL
7 Dona MARIA ELISA PARGA COTON
8 Don JESUS SALVADO MIGUEZ
9 Dona MARIA LUISA CASTRO LEMOS
10 Don LUIS CARREIRA PEREZ
11 Dona MARIA REMEDIOS VAZQUEZ GIL

Suplentes:

1 Don XOSE ANTON COTON GAREA
2 Dona MARIA CONCEPCION LAGO SUAREZ

16 mar 2011

NOVA ESCOLA DE MÚSICA EN O PINO

A Banda de Arca estreará novo local este mes

A empresa Escavacións Ovidio rematou as obras de rehabilitación do antigo centro de saúde que albergará a nova escola de música.

As obras, nas que se investiron 120.000 euros procedentes de fondos do Plan E, foran iniciadas en xuño de 2010 e acumularon varios meses de atraso, pois a entrega estaba prevista para o inicio do curso escolar.

A nova escola de música de O Pino ocupa a metade do edificio rehabilitado e dispón de un salón polivalente, cinco aulas de música, despachos de administración, dous aseos e un cuarto para a limpeza, distribuídos sobre unha superficie de 162,43 metros cadrados.

A outra metade do edificio destinarase previsiblemente a oficinas de atención aos peregrinos.

Unha vez que se instale o mobiliario nos próximos días, a Banda de Música de Arca verá cumprida a súa vella aspiración de contar con un local apropiado que facilite a oficialización da escola que terá capacidade para uns oitenta alumnos.

4 mar 2011

ACOITELADA NO PESCOZO A RECEPCIONISTA DO HOSTAL PLATAS DE ARCA


O agresor, cliente do hostal, foi detido pola Garda Civil tras ofrecer resistencia e a vítima quedou ingresada no HCU de Santiago.

Arredor das 18.30 horas do pasado mércores, a recepcionista do hostal Platas, unha muller de 31 anos que responde ás iniciais E.P.R., foi agredida no pescozo por un cliente.

Ao parecer o agresor, un home de vinte e oito anos que estaba hospedado no hotel, baixou a recepción e pediu a E.P.R. que o acompañara á súa habitación para axudarlle a entrar alegando que a porta quedara atrancada.

Cando chegaron á porta da habitación, a recepcionista desconfiou das intencións do cliente e este sacou un coitelo para obrigala a entrar. A recepcionista resistiuse e no forcexo foi cando o home, supostamente, lle fixo un corte profundo na zona da caluga coa arma branca.

E.P.R. conseguiu zafarse do agresor, baixou e buscou axuda na cafetaría Che, do mesmo propietario. Desde o bar contactaron co servizo de emerxencias do 112 arredor das 18.50 horas.

Cando chegou a ambulancia, a empregada subiu a ela polo seu pé e foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago onde foi valorado o seu estado como grave, tanto polas feridas como polo estado de ansiedade que lle produciu o episodio sufrido.

Posteriormente, E.P.R. foi traslada a planta onde permanece ingresada con prognóstico leve, pendente de evolución.

En canto ao presunto agresor, os axentes da Garda Civil que acudiron a detelo atopárono nas inmediacións do lugar da agresión, deambulando pola beirarrúa e ameazando á xente. Os axentes tiveron que empregar un esprai para reducilo e poder esposalo, pois mantiña unha actitude agresiva e belixerante portando a arma branca aínda na man.

Posteriormente foi trasladado ás dependencias da Garda Civil de Santiago á espera de pasar a disposición xudicial no Xulgado de Instrución de Arzúa

2 mar 2011

INICIADO O PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2010-2011

Coa publicación das prazas vacantes, o CPI Camiño de Santiago comezou onte o proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2011-2012 ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19 de marzo).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende hoxe ata o 31 de marzo.

A formalización de matrícula do alumnado de E. Infantil e E. Primaria realizarase entre o 20 e o 30 de xuño.

25 feb 2011

ABALAR AVALA A SÚA CONTINUIDADE





No próximo curso, o proxecto implantarase en 6º de Primaria e 2º da ESO.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anunciou onte no seu portal a continuidade o vindeiro curso 2011-2012 dun renovado Proxecto Abalar, que estenderá a súa área de actuación a 6º de E. Primaria e 2º da ESO, manténdoa en 5º e 1º.

En datas próximas a Consellería sacará a concurso público a subministración do equipamento informático necesario para a ampliación do proxecto o vindeiro curso. Na convocatoria especificaranse as características técnicas requiridas para os novos ultraportátiles destinados ao alumnado que se suma ao proxecto.

Quedan agora por facer no centro as adaptacións necesarias para que as aulas de 6º de E. Primaria e 2º da ESO poidan recibir o novo equipamento para comezar a funcionar sen demora.

24 feb 2011

CHARLAS DA GARDA CIVIL NO CPI CAMIÑO DE SANTIAGO

Colaboran co centro na prevención de riscos para os escolares.

O vindeiro luns, 28 de febreiro persoal da Garda Civil realizará no centro catro charlas destinadas aos escolares da ESO e do terceiro ciclo de E. primaria. Os temas foron elixidos polo profesorado titor do alumnado ao que van dirixidas as actividades e enmárcanse no Plan Director de Convivencia e Mellora da Seguridade escolar.

O obxectivo principal deste plan é achegar os servizos públicos de seguridade á comunidade escolar para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia ofrecendo aos centros a asistencia técnica necesaria e información para mellorar os coñecementos sobre a seguridade que afecta aos adolescentes.

A primeira charla, que comezará ás 8.30 horas abordará as saídas profesionais nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e está destinada ao alumnado de 4º de ESO.

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria será o destinatario da segunda charla que se desenvolverá a partir das 9.30 e abordará os riscos de Internet.

Na terceira actividade, que ten previsto o seu inicio ás 11.30, os escolares do primeiro ciclo de ESO recibirán información e asesoramento sobre a prevención do acoso escolar.

A cuarta sesión tamén está dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO e tratará o tema da prevención das drogodependencias.

10 feb 2011

SESIÓN ORDINARIA DO CONSELLO ESCOLAR

No ano 2011 prevese xestionar un presuposto xeral de 144.052,71€

O pasado martes 8 de febreiro celebrouse unha sesión ordinaria do Consello Escolar a partir das 19:00 horas na que tódolos acordos se adoptaron por unanimidade.

No apartado económico, os conselleiros aprobaron a xestión do orzamento xeral do centro e a do comedor escolar correspondentes ao ano 2010, así como o proxecto de orzamento para o ano 2011. No orzamento xeral do 2010 xustifícanse 181.312,74 € de gastos, mentres que na xestión económica do comedor, os gastos ascenderon a 75.160,42€.

Respecto ao comedor escolar, tamén se aprobaron os menús a elaborar no que resta de curso e trasladouse o agradecemento dos usuarios de ESO por ser tidas en conta as súas demandas na elaboración do xantar dos martes.

O CPI Camiño de Santiago mantén a colaboración co Concello facilitándolle a utilización de espazos do Centro para poder levar a cabo o programa Lecer Primavera que se desenvolverá os dias 18. 19, 20 e 25 de abril con horario de 07:30 a 15:30 horas para axudar ás familias de o Pino a compaxinar a vida laboral e familiar nas vacacións escolares de SEMANA SANTA.

Entre as informacións varias que facilitou a presidenta do Consello Escolar destaca a decisión de suspender a un alumno do seu dereito de asistencia ao centro durante 29 días, previa a instrución do correspondente expediente disciplinario por agresións moi graves a unha compañeira. Durante ese tempo, o escolar deberá realizar as actividades que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.
 

LERON PONTE AO DÍA (dende xaneiro do 2011)





Free counter and web stats


Sample text