16 nov 2011

LINO RIEIRO BARCIA in memoriam

ENTREVISTA A LINO NO 25 ANIVERSARIO DO CENTRO

HOXE FALAMOS NÓS Nº 18

REDACCIÓN. DECEMBRO DE 2003.

Canto tempo levas exercendo a túa profesión neste colexio?

Vinte anos, aínda que pasei tres anos fóra.

Que cambios observas no colexio?

Os rapaces son distintos. Agora nótanse máis despexados, espelidos, soltos, ... Hoxe están máis ao día. Un feito que non me parece positivo, foi a incorporación da ESO, pois trouxo problemas no horario e réstalle tempo a outras actividades extraescolares e ao deporte.

Que cambios farías?

Por un lado e se fose político -que non o son- en lugar de dispersar a ESO en varios centros, formaría un instituto que compartise varios concellos coas súas instalacións correspondentes. Pero iso é soñar ...

Por outra banda, levaría a cabo todos os cambios necesarios para dotar dunha maior formación, liberdade e capacidade de crítica ao alumnado. Opto polo respecto mutuo e a confianza. Canto menos autoridade, mellor. Aínda que, ás veces, é necesaria. Os escolares aprenden máis por convicción e interese que por abriga.

E o castigo?

Como maneira de educar, o castigo é o último recurso. Para corrixir unha conduta o primeiro é falar co rapaz, mirar que problemas ten e axudalo no que se po ida.

Para ti, que método pedagóxico é o idóneo?

Para min son fundamentais as actividades, a participación e o diálogo. Falar é necesario e forma parte da aprendizaxe. O que ten que aprender o alumnado é a saber respectar a quenda de palabra.

Que cualificativos lle atribuirías ás distintas direccións?

Á anterior, capacidade de traballo. Á actual, capacidade de diálogo.

Algunha anécdota?

Moitas... Lémbrome, xa hai bastantes anos, dun alumno chamada O... Un día pala tarde, a última hora, tocaba debuxo artístico. O rapaz sentíase cómodo e empezou a tatarear unha canción de moda, unha causa así como "No pares, sigue, sigue ... No pares ..." Eu estaba facendo as miñas causas, concentrado e chameille a atención: "O... , está calado". El mira con cara de sorprendido e cala. De alí a cinco minutos, volve outra vez: "No pares, sigue, sigue ... No pares", e eu de novo "O ..., por favor, queres calar?” E así varias veces ata que el farto, dime mirando para min: "Que che pasa mestre?" (Coma quen, se non estás a gusto, vaite).

Outro día pala tarde, xa pasaban das tres, chega M .. , un alumno excelente, por certo. Traía unha cara moi rara, non era o normal nel, "M .. que che pasa?" Pregúntolle. El cunha voz angustiada dime: "E que un profesor cortoume a mexada", e digolle eu: "Pero como?, explícame iso" e dime el:

"Pois ..., estaba mexando tranquilamente, tiroume polas orellas e cortóuseme a mexada''.

No primeiro ano que estiven aquí, alá polo setenta e tres ou setenta e catro, tiña dous alumnos de Quintás ( Budiño) aos que lles gardo maior cariño, Adolfo e José. Os dous era repetidores de segundo de EXB. José era un lince para todo o relacionado coa natureza. Tiña os ollos con patas de galo aos oito anos. A min tíñame abraiado. Na clase era reservado e pouco comunicativo. Eu preguntáballe causas para gañar a súa confianza. Un día dime:

-Agharrei un paxaro. -( Xa non me lembro do nome)-.

E eu para seguirlle a conversa, pregúntolle:

-Si? E como fixeches?

O tío miroume con cara como dicindo "e este... de onde é?"

- Pois collín o chaqueto, metinllo e collino. Dixo con toda naturalidade.

- E... Que fas con el?

- Pois está na casa.

A cada pregunta, el respondía pensando para os seus adentros “este tío é un extraterrestre, Oh" Pero eu facíao para que falase, simplemente. Entón a última pregunta que lle fixen deixoume aparvado:

-E que lle dás de comer? Abriu os ollos e chántame,

- Miñocas!!!


1 comentarios:

code dijo...

Síntome un privilexiado por ter compartido traballo e vida contigo. Grazas Lino por mostrarnos que o fundamental no ensino e na vida son as persoas. Sen ti tod@s quedamos máis orf@s.
Sinto no ter estado a túa altura. Un bico

Publicar un comentario

 

LERON PONTE AO DÍA (dende xaneiro do 2011)





Free counter and web stats


Sample text