10 ene 2011

FERNÁNDEZ PADERNE RENUNCIA SER CANDIDATO DO PSOE Á ALCALDÍA NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS

Tamén renuncia ao cargo de secretario da agrupación local.

O portavoz do PSOE de O Pino, José Luís Fernández Paderne, presentou a súa renuncia tanto a encabezar as listas á alcaldía de O Pino nas próximas eleccións municipais, como a continuar de secretario da agrupación local.

Nunha carta de renuncia dirixida ao secretario de organización do PSOE da provincia, Xosé Luís Fernández anuncia a decisión como “irrevogable” provocada polos cambios dos dous últimos anos tanto na súa vida persoal como profesional que lle impiden compaxinar a súa vida diaria coa actividade política. Ademais considera que, despois de dúas lexislaturas, é o momento de ceder o paso a outros compañeiros e de marcar novos obxectivos.

Trala renuncia, Fernández Paderne converterase nun militante de base e expresa a súa disposición a colaborar co partido.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

LERON PONTE AO DÍA (dende xaneiro do 2011)





Free counter and web stats


Sample text