10 ene 2011

O BNG LOCAL REXEITA A VALORACIÓN QUE A DEPUTACIÓN FIXO SOBRE A ECONOMÍA DO CONCELLO

Xosé R. Franco cuestiona que o goberno local sexa austero e reclama servizos básicos.

O líder da agrupación local do BNG, Xosé R. Franco, argumenta que o municipio non aproveitou os tempos de bonanza económica procedente do incremento da recadación municipal por licenzas urbanísticas para dotar ao concello dos servizos e infraestruturas básicas que se precisan.

Franco lembra que a capital municipal carece de depuradora de augas residuais e tampouco ten terreos públicos acondicionados para zonas verdes ou de lecer.

Outro dato esgrimido para rexeitar a xestión económica do alcalde foi a decisión de destinar máis de 35.000 euros á compra dun coche oficial, feito que considera inaudito nun Concello con menos de cinco mil habitantes.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

LERON PONTE AO DÍA (dende xaneiro do 2011)





Free counter and web stats


Sample text