O orzamento estimado para este tramo de 28 quilómetros, Arzúa-Palas de Rei, da autovía entre Santiago e Lugo é de 188,9 millóns de euros.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este martes, 11 de xaneiro, a aprobación definitiva por parte do Ministerio de Fomento do estudo informativo correspondente ao tramo Arzúa-Palas de Rei da Autovía A-54, entre Santiago e Lugo.
Fomento procederá agora a licitar os proxectos de trazado e construción necesarios para a execución do último tramo da Autovía A-54, xa que o resto dos tramos están xa en fase de execución de obras.
O novo tramo de autovía, que conta con Declaración de Impacto Ambiental favorable, discorrerá paralelo á estrada N-547 ao Sur das poboacións de Arzúa, Melide e Palas de Rei.
Para a construción deste tramo de 28 quilómetros, Fomento estima un orzamento base de 188,9 millóns de euros (IVE non incluído).
A nova vía discorrerá paralela á estrada N-547 ao sur de Arzúa, Palas de Rei e Melide e está prevista a construción de catro enlaces coas principais vías da zona, así como a execución de nove viadutos.
Igual que o resto da autovía, este tramo constará de dúas calzadas compostas por dous carrís de 3,5 metros cada unha, con beiravías exteriores de 2,5 metros e interiores dun. A mediana terá nove metros de anchura.
No percorrido prevese a construción de catro enlaces coas principais estradas da zona, así como a execución de nove viadutos que totalizan unha lonxitude de máis de 3,5 quilómetros.

0 comentarios:
Publicar un comentario