21 ene 2011

PLAN RENOVE DE EQUIPOS DE ILUMINACIÓN INTERIOR



Dotado con axudas dun 25% do custo a partir dos 500€ desde o 6 de abril

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) presentou a primeira edición dun Plan de Renovación de Equipos de Iluminación Interior destinado a conceder axudas de aforro e eficiencia enerxética nos fogares galegos a través da substitución das instalacións lumínicas existentes de iluminación por outras máis eficientes.

Será subvencionable a substitución de luminarias, lámpadas ou reactancias existentes por luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables, sempre e cando permitan reducir a potencia instalada en iluminación, polo menos, nun 30%, cumprindo os requirimentos de calidade e confort visual regulamentarios.

Tamén se subvencionará a instalación de sistemas de control por presenza e a regulación do nivel de iluminación segundo aporte de luz natural, axustándose ás necesidades do usuario sempre e cando permitan conseguir un aforro enerxético dun mínimo do 20% anual respecto a instalacións sen control ou regulación.

Poderán acollerse a estas axudas do INEGA os propietarios que realicen a actuación -con un investimento mínimo de 500 euros- en inmobles, edificios de vivendas ou edificios terciarios.

A contía máxima da subvención é do 25% do custo elixible da nova instalación de iluminación, cun límite de 1.500 euros por vivenda unifamiliar; de 10.000 euros por edificio de vivendas en bloque e de 25.000 euros por edificio destinado a outros usos, non a vivenda.

Para beneficiarse da subvención, o propietario dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior e adquirirá os materiais obxecto da subvención. A continuación, o instalador realizará a solicitude de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto, imprimirá os impresos da axuda e o comprador asinará a súa conformidade.

O instalador disporá de 60 días naturais desde o día seguinte á data de reserva de fondos para realizar a instalación; cobrar o importe da factura co desconto da axuda establecida, calculada na aplicación informática e para remitir toda a documentación ao INEGA para o cobro da subvención.

O prazo para acollerse ás axudas comezará o 6 de abril e rematará o 30 de xullo de 2011 se non se esgotan antes os fondos dispoñibles.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

LERON PONTE AO DÍA (dende xaneiro do 2011)





Free counter and web stats


Sample text