Un estudo cualifica a xestión económica municipal como "excelente tanto dende o punto de vista orzamentario como do económico e financeiro"
A Deputación Provincial de A Coruña acaba de facer públicos os resultados de un estudo financeiro realizado a 73 municipios da provincia cunha poboación inferior aos vinte mil habitantes, no que se achegaron datos sobre os exercicios de 2006 a 2009.
Este estudo atribúe ao Concello de O Pino no exercicio do 2009 "unha situación excelente tanto desde ou punto de vista orzamentario como do económico e financeiro"..."continúa coa súa traxectoria ascendente, e no ano 2009 todas as magnitudes analizadas son positivas e sensiblemente superiores ás do ano anterior, no que os resultados xa eran bos"... "Aumenta o remanente de tesourería, o resultado orzamentario e o aforro neto, incrementa tamén o superávit de financiamento orzamentario de anos anteriores e todo isto prodúcese mantendo o nivel de investimentos do ano 2008 e sen necesidade de recorrer ao endebedamento"... "Ten un nivel de endebedamento case nulo, dos máis baixos dos concellos do seu mesmo tramo poboacional".
Conclúe o informe que "é meritorio manter esta boa situación económica e orzamentaria e mesmo, como é o caso, mellorala nestes momentos de crise económica xeralizada".

0 comentarios:
Publicar un comentario