Abalar comeza a abalarO martes 9 de novembro, o coordinador TIC presentou as características do curso – obradoiro Abalar nunha sesión inicial que tivo lugar na sala do profesorado. Este curso está destinado á formación inicial do profesorado que imparte docencia en 5º de E. Primaria e 1º de ESO, niveis nos que se implantan as aulas Abalar. A duración do curso-obradoiro será de 50 horas e realizarase no propio centro nun espazo por determinar. As sesións terán lugar os martes de 17.30 a 20.30 e os xoves de 16.30 a 19.30 e desenvolveranse entre novembro do 2010 e maio do 2011. O obxectivo principal desta actividade de formación é familiarizar o profesorado cos elementos da aula Abalar para poder empregalos como un recurso máis na aula.
0 comentarios:
Publicar un comentario