15 may 2009

Visita do redactor Nacho Mirás ao CPI Camiño de Santiago



@s alumn@s de 1º de ESO do CPI "Camiño de Santiago "recibiron, o pasado mércores 6 de maio, a visita de Nacho Mirás, un xornalista de "La Voz de Galicia" que durante hora e media lles estivo explicando a mecánica que se segue para a elaboración diaria do xornal. Os rapaces e rapazas seguiron atentamente a charla e interrumpiron varias veces ao xornalista para facer preguntas sobre o xornal e sobre o seu oficio.


A actividade forma parte do programa "Prensa - Escuela", que leva a cabo a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O encargado de coordinar a iniciativa foi o xefe de estudos X. Anxo Aldrei.


5 comentarios:

Anónimo dijo...

O pasado martes as dúas últimas horas veu un periodista que se chama Nacho Mirás. A min pareceume bastante ben porque aprendín moitas cousas sobre o periódico. Explicounos por que había anuncios que costaban máis,os máis grandes costaban máis e os máis pequenos menos; por que os anuncios sempre veñen a dereita, porque normalmente ao abrir o periódico a vista sempre nos vai para ese lado, etc.
A min pareceume moi interesante, foi divertido porque aprendín cousas que non sabía.
DANIEL CREGO LÓPEZ. 1ºA ESO.

Anónimo dijo...

O pasado 5 de maio veu un periodista chamado Nacho Mirás; veu as dúas últimas horas da mañá (foi divertido).
Explicounos moitas cousas sobre o xornal: canto custaba, por que se poñían á dereita os anuncios, por que custaban máis,cales eran as seccións do xornal,contounos a importancia que tiñan a portada e a contraportada,etc.
Pareceume interesante porque aprendín cousas sobre o xornal que non sabía.
Andrés Barreiro Casal. 1ºA ESO.

Anónimo dijo...

O martes 5 de maio veu ao CPI Nacho Mirás que traballa en "La Voz de Galicia". Foi algo aburrido pero aprendín moito. Explicounos por que estaba en castelán, como se poñían os anuncios, que había na portada e na contraportada, etc.
Como xa dixen, pareceume aburrido porque non me interesaba o tema,pero aprendín moito.
DANIEL GÓMEZ LÓPEZ. 1ºB ESO.

Anónimo dijo...

O pasado martes 5 de maio estivemos nunha charla cun periodista de "La Voz de Galicia". Estivemos con el dúas horas, foi algo aburrido, pero tamén aprendín algunhas cousas como que os anuncios que se poñían nos periódicos eran moi caros e según o tamaño tiñan un prezo ou outro, tamén que os máis interesantes están sempre á dereita xa que a vista sempre vai para ese lado,etc.
JAVIER SANTOS FERREIRO. 1ºB.

Anónimo dijo...

Nacho Mirás
O pasado Martes cinco de Maio Veu ao colexio C.P.I Camiño de Santiago Nacho Mirás nas dúas últimas horas da mañá.
Aprendimos moitas cousas, explicounos o que custaba a publicidade, as distintas seccións do periódico, a portada e contraporteda etc. Díxonos que saían cada día uns 100.000 periódicos e que con eso non lle daba para pagar os traballadores,establecementos...
Díxonos que sobre todo o que más lle interesaban eran os anuncios porque eran moi caros e,díxonos moitas cousas máis.Pero o que máis me gustou foi o momento da FOTO.

PERO A MIN GUSTOUME MOITO PORQUE APRENDIN MOITAS COUSAS. E O TRABALLO QUE REQUIRE FACER UN PERIODICO.

Publicar un comentario

 

LERON PONTE AO DÍA (dende xaneiro do 2011)





Free counter and web stats


Sample text