10 mar 2009

Chorroróscopo

CH☺RR☹RÓSC☹P☻ Por ADA BOLA

Cres nos horóscopos? Pensas que o teu futuro depende dos astros? Paréceche que as predicións dos rappeles, das aramises fusteres e demais visionarios serven para algo máis que para para que medren os seus petos? Se a resposta é afirmativa, non deixes de ler a nosa previsión elaborada desde o caseto da estación metereolóxica no ano 2007. É de fiar... na roca.

ARIES
:
a túa enerxía permitirache encontrar a solución a ese problema que che preocupa.

TAURO:
paciencia, chega o tempo de madurar esa importante decisión e debes comezar a crer en ti.

XÉMINIS:
reláxate ao aire libre e non te enganches á TV nin te tires no sofá.

CÁNCER:
a túa imaxinación e poder creativo estanse vendo no teu día a día, artista.

LEO:
o amor está no teu signo e podes ofrecérllelo a esa persoa que te leva buscando algún tempo.

VIRGO:
desafógate cos amigos na rúa que os problemas hainos que esquecer.

LIBRA:
o teu poder seductor e sociable permitirache establecer novas relacións.

ESCORPIO:
coida do teu e sé espelido/a en temas do traballo.

SAXITARIO:
sairás airoso/a de situacións comprometidas.

CAPRICORNIO:
pensa na familia, necesita a túa axuda, mándalle un correo.

ACUARIO:
andas na procura desa media laranxa, non busques máis, es compatible con leo.

PISCES:
fai exercicio mental e físico, que falta che fai.

4 comentarios:

Antonio dijo...

Está todo moi ben

Anónimo dijo...

escorpio iria ben con saxitario.

Anónimo dijo...

Cáncer debería ser compatible con Libra

Anónimo dijo...

Serafín ti tiñas que ser!joe pois si que ta ben este embrollo e sigue facendo asi cousas divertidas mentras eu siga no colexio.Ah!con quen e compatible libra?

Publicar un comentario

 

LERON PONTE AO DÍA (dende xaneiro do 2011)





Free counter and web stats


Sample text